Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Charla “AVES, Wild Bird Photofraphy” e Asemblea SGHN-Ourense
Como ven sendo costume, o último venres do mes de febreiro celebramos a Asemblea Xeral Ordinaria da Delegación de SGHN en Ourense, unha ocasión tanto para dar cumprimento aos estatutos como para compartir entre os socios momentos do ano anterior e programar as novas actividades e proxectos. Tamén, como xa…
#AlertaSalmónGalego: entidades ecoloxistas lanzan unha recollida de sinaturas para salvar o salmón galego da extinción
As entidades ecoloxistas ADEGA, AEMS – Ríos con Vida, Federación Ecoloxista Galega (FEG) e Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) lanzan a campaña de recollida de sinaturas “Alerta Salmón Galego”, coa que reclaman á Xunta de Galiza a inclusión do salmón atlántico (Salmo salar) no Catálogo Galego de Especies Ameazadas coa categoría de “En perigo de extinción”. Baixo o…
Liques de Galicia: 48 Usnea articulata (L.) Hoffm.
“ALTRI NON” celebra a vitoria contra a macrocelulosa, pero aínda fica o golpe de graza
A Coordinadora galega “Altri Non”, conformada polas organizacións sociais do país contrarias á macrocelulosa, anuncia novas accións mobilizadoras que procuren garantir o arquivo real e definitivo do proxecto de Altri en Palas de Rei. Os colectivos e entidades que conforman, xunto coas plataforma Ulloa Viva, na Defensa da Ría de…
