Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Saída naturalista a “O Cal”
O próximo sábado 18/10/2025 iremos a visitar o Cal, espazo natural, un espazo natural conservado polo propietario Álvaro Barros que nos contou o ano pasado a historia do espazo e a súa conservación nunha conferencia, titulada “O Cal, espazo natural. Un proxecto de conservación persoal e totalmente transferible”. Esta visita patrocinada pola…
Saída naturalista en Marraxón (Fene)
Organizada pola delegación de Ferrol baixo o patrocinio da Deputación da Coruña, este sábado 11 de outubro teremos unha saída naturalista para descubrir e coñecer máis a fondo o proxecto de restauración que a asociación Betula está desenvolvendo en Marraxón (Fene). Nesta xornada realizaremos un paseo guiado pola área de actuación onde nos…
Xornadas naturalistas: O exemplo de Froxán
Joám Evans Pim é doutor en ciencias sociais e comuneiro no monte veciñal en man común de Froxán (Lousame) tamén é director da Fundación Montescola, que impulsa iniciativas de conservación e restauración comunitaria. A nivel planetario, estímase que 21% das terras están baixo a gobernanza de pobos indíxenas e comunidades locais,…
