Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Novas técnicas moleculares na paleontoloxía en Galicia
Os primeiros estudos sobre mamíferos fósiles en Galicia centrábanse en identificar as especies e describir os seus trazos morfolóxicos e métricos, comparándoos con outras zonas da Península Ibérica. Porén, estas aproximacións non sempre permitían responder preguntas máis complexas sobre a vida destes animais e a súa relación coa contorna. A…
Urxe catalogar o salmón atlántico como “En perigo de extinción”
Entidades ecoloxistas urxen á Xunta catalogar o salmón atlántico como “En perigo de extinción” tras o ditame do Comité Científico estatal ADEGA, AEMS-Ríos con Vida, SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural), FEG (Federación Ecoloxista Galega), Asociación Lobo, A Ulla Viva, Plataforma Ulloa Viva, PDRA (Plataforma en Defensa da Ría de…
Sen tempo non foi!
Seguemento do proxecto Nenúfar (Gemosclera-SGHN) na Limia
No verán de 2023, SGHN asinou un convenio de colaboración con Gemosclera para a conservación do nenúfar branco (Nymphaea alba) en Galicia, especialmente centrado nas poboacións da Limia. A especie amosa un declive xeral nas últimas décadas polo que a finalidade do convenio é asegurar a súa conservación mediante o…
