Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Sen tempo non foi!
Seguemento do proxecto Nenúfar (Gemosclera-SGHN) na Limia
No verán de 2023, SGHN asinou un convenio de colaboración con Gemosclera para a conservación do nenúfar branco (Nymphaea alba) en Galicia, especialmente centrado nas poboacións da Limia. A especie amosa un declive xeral nas últimas décadas polo que a finalidade do convenio é asegurar a súa conservación mediante o…
Tralo rastro da toupeira de auga Galemys pyrenaicus
CONFERENCIA ADIADA ATA NOVO AVISO POR CAUSA DE FORZA MAIOR Bioloxía, ecoloxía e o declive dunha especie esquecida. A toupeira de auga (Galemys pyrenaicus) é un pequeno mamífero semiacuático que habita nos ríos das rexións montañosas da metade norte da Península Ibérica. É unha especie endémica, pouco estudada e dotada…
IX Premio “Garabato” á Conservación do Patrimonio en homenaxe e memoria de Gabriel Barreiro Toural
As Asociacións Culturais ALENTÍA e METÁTESE TEATRO e A ORDE DAS DONAS E CABALEIROS DO PRIORATO DE VILAR DAS DONAS “OS LOBOS” estableceron este premio GARABATO á conservación do noso patrimonio, e determinaron concedelo a aquelas persoas e organizacións ou asociacións que estimen manteñen e coidan, miman, gardan e defenden,…
