O venres 15 de xuño de 2012, ás 20:00 no museo da Sociedade Galega de Historia Natural (Praza de Canido s/n) tivo lugar unha palestra informativa sobre as fumigacións masivas contra a plaga de gorgollo do eucalipto que previstas para boa parte dos montes galegos. Interviron:
- Andrés Lamas Seco, Licenciado en Bioloxía, Profesor de Ciencias Naturais e Director para Galicia do Instituto de Investigacións Científicas e Ecolóxicas.
- Segundo Ruiz Lemos, Enxeneiro Técnico Forestal.
- Manuel Ferreira Rodríguez, Presidente da Asociación “Casa do Mel” e da Delegación do Eume da Asoc. Galega de Apicultura.