SGHN recibiu o pasado 18/07/2026 o premio de Medio Ambiente da Fundción Ínsua dos Poetas nun acto celebrado nos recintos da Fundación en Esgueva. O premio foi recollido, en nome do noso Presidente, polo Delegado de Ourense que amosou o agradecemento de SGHN con estas palabras:
“Grazas, moitas grazas por este recoñecemento, grazas no meu nome e no nome das persoas que estiveron, das que están e das que, seguro, virán detrás de nós afrontando os retos que chegan día a día.
Cando recibimos un premio como éste … botamos a vista atrás lembrando os primeiros 53 anos da traxectoria da nosa entidade.
Longos anos de estudo e divulgación recompilados nos censos, atlas e publicacións diversas entre as que destacamos a revista “Braña” a primeira publicación científica escrita en galego.
Longos anos de defensa do noso patrimonio plasmados en miles de alegacións e informes.
Longos anos con éxitos como o impulso que levou a creación do Parque Natural da Serra de Enciña da Lastra ou a sentenza histórica das Conchas.
Longos anos tamén con fracasos, por máis que tentamos atallar o problema dos incendios os lumes siguen ahí destruíndo os nosos montes e mesmo a vida das persoas.
Longos anos de divulgación con xeiras, visitas, exposicións e có mantemento do Museo de Historia Natural da SGHN ubicado en Ferrol.
Longos anos loitando na custodia do territorio en espacios senlleiros como A Limia.
Longos anos de aunar vontades máis alá das diferencias ideolóxicas.
Longos anos de manter a nosa postura independente e rigorosa comprometida có medio ambiente e a natura
Longos, longos anos



Xa para rematar neste espazo onde a palabra é unha expresión de vida queremos compartir unha reflexión do noso amigo e mestre Joaquín Araujo, agricultor, escritor, poeta e naturalista, do seu libro “999 Sugerencias que me hizo la Natura” no capítulo oito “Confluencias entre natura y poesía”.
“Mantengo desde hace media eternidad que, lo sepa o no, todo poeta es bastante naturalista por mucho que le aterre la picadura de un tábano y considere que el perfumado estiércol huele mal. No menos que todo naturalista es un poco poeta por mucho que no haya leído un verso en su vida. En realidad ya lo hace cada vez que por la mirada le vuelan los colores o en sus tímpanos anida algún trino de origen conocido.”
Reitero o noso agradecemento á Fundación e ao xurado, é unha grande honra para nós recibir este agasallo que hoxe nos concededes.
Moitas grazas”




