O luns 9 de novembro teremos a estrea na Coruña do Documental SAL E BARRO, Producido pola Delegación das Mariñas e subvencionado polo GALP Golfo Ártabro Sur. A proxección e coloquio terán lugar no local social da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.
O Documetal Sal e Barro salienta os valores ambientais da Mariña coruñesa e incide na importancia da conservación e recuperación ambiental para favorecer un desenvolvemento sustentáble e unha boa calidade de vida ás comunidades. A pesca, a navegación de lecer e turismo, bases da economía sadense, dependen dun ambiente e unha paisaxe sans e ben conservados.

