O vindeiro xoves 22 de outubro ás 19:30 horas terá lugar a presentación da 3ª edición do libro “Memorias dunha terra” de Xosé María Castroviejo, introito de Álvaro Cunqueiro, no Salón de Actos do Museo de Historia Natural de Ferrol.
Participarán no acto:
- María Castroviejo Bolíbar, filla do autor.
- Rafael López Loureiro, escritor e divulgador naturalista.
- Xan Rodríguez Silvar, biólogo, delegado en Ferrol e Director do Museo de Historia Natural da SGHN
Entrada libre ata completar o aforo

