Que é un Erasmus +
Erasmus+ é o programa da UE para apoiar a educación, a formación, a mocidade e o deporte en Europa. Brinda a máis de 4 millóns de europeos a oportunidade de estudar, formarse e adquirir experiencia.
Este proxecto forma parte da Obra Social da Fundación Antón Losada Diéguez que coordina conxuntamente co resto dos socios como parte do seu traballo non-profit para a promoción da Cultura Galega.
Cal é o obxetivo
O proxecto ten como obxetivo a concienciación e formación sobre como ameaza o cambio climático ás diversas especies animais e vexetais que viven no territorio da Unión Europea.
Quen están implicados neste proxecto?
O proxecto forma parte do programa oficial da Capitalidade Cultural compartida da U.E. Galway & Rijeka 2020 e posteriores 2021 Timișoara (Romanía), Elefsina (Grecia) e Novi Sad (Serbia); 2022 – Kaunas (Lituania) e Esch (Luxemburgo) e 2023 – Veszprém (Hungría).
A investigación nos tres países estará coordinada na República de Irlanda polo Galway Community College pertencente ao Consello de Educación e Formación de Galway e Roscommon e a ONG ambiental Irish Wildlife Trust (IWT) e conta como socios co IES Felix Muriel, Concello de Rianxo e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) en Galicia, España, e o instituto Prva Sušačka Hrvatska Gimnazija e a ONG medioambiental Eko Kvarner en Rijeka, Croacia.
Os 135 estudantes participantes (15 por país e curso nos 3 anos do proxecto) e o panel de 25 profesores seleccionados estudarán 243 especies en perigo de extinción nos tres países seleccionadas polos tres grupos naturalistas asociados e proporán unha innovadora acción correctora en cada unha delas para a súa conservación e recuperación.
Os resultados da investigación recolleranse individualmente nun ficheiro de cada unha das especies estudadas e publicaranse oficialmente ao final de cada curso nas revistas Paspallás (SGHN) en Galicia, Wildlife (IWT) en Irlanda e Prioroda (EK) en Croacia .
¿Que aporta a SGHN?
Suministraremos información ó centro educativo para que preparen 150 fichas sobre especies animais e vexetais. Previamente elabourouse unha lista de especies coas súas poboacións baixo algún tipo de ameaza, presentes en Galicia e con certa falicilidade para atopar recursos informativos sobre elas por parte dos estudantes do IES Felix Muriel.
As fichas serán revisadas por SGHN e publicaránse na revista Paspallás
Paralelalmente organizaremos varias saídas educativas co alumnado e impartiranse diversas conferencias sobre os temas obxeto do programa.