“Rexeneración” dunha praia en Bergondo

A Demarcación de Costas presentóu un proxecto de “Rexeneración” da praia do Regueiro, no concello de Bergondo (A Coruña). Tal proxecto pretende solventar o problema de derrubes do cantíl nese espazo interior da ría de Ares-Betanzos, teoricamente debido á forza da ondada.

Zona de actuación na praia de Regueiro
Arborado e derrumbe na praia de Regueiro

A solución proposta é erguer unha longa escolleira de máis de tres metros de altura, coroándoa, como non, cun paseo que se interna ate o centro da praia. Alegan que isto facilita o acceso dos usuarios e potencia o turismo na zona. Obvian que a praia ten xá un acceso doado e que, ademais, está catalogada como NON APTA para o baño.

Escolleira actual na zona de acceso á praia de Regueiro

No proxecto identifícanse un vertedoiro de fecais e dous de augas residuais que verten na praia, mais non toman medida algunha para eliminalos. Polo visto é perfectamente compatible turismo de praia e contaminación das augas. Polo visto é prioritario facer un paseo máis, pero non eliminar os focos de contaminación. No estudo de impacto ambiental ignoran a presenza dunha especie escasa, o molusco bivalvo Pholas dactylus, do que só se coñece a poboación do Regueiro en toda a ría Ares-Betanzos.

Pholas dactylus, unha especie escasa de molusco bivalvo

Na actuación elimínase o arborado autóctono actualmente existente na base do cantíl (mais non os eucaliptos do cumio) e preténdese substituír por herbáceas, sementadas na rampla que modificará a actual fisionomía do mesmo. Evidentemente SGHN presentou alegacións a este proxecto “rexenerativo” que non é máis que unha urbanización encuberta, que ningún problema real soluciona.

Vexetación do cantil na praia de Regueiro
Arborado na zona de actuación