O Pasado domingo 31 de Maio realizamos unha nova actividade acordada co Concello de Sada, desta volta pola Serra da Capelada.
O roteiro realizámolo polo Limo, percorrendo unha espectacular área de cantís, xeoloxía e flora singular, guiados por Miguel Hevia, un ameno e informado guía local.
Aos incontestables valores da Capelada sumóuse un día solloso, que nos permitíu disfrutar dunha xornada que rematamos no faro do Cabo Ortegal.








