Saída ornitolóxica de SGHN-As Mariñas

Dende a Delegación de As Mariñas lembramos que a segundo saída ornitolóxica que organizamos será o vindeiro 2 de abril de 2017, sábado, quedando no aparcadoiro do café-bar A Presa ás 10:30 horas. Coma na anterior ocasión estaremos guiados guiados por tres socios con experiencia.

A actividade está aberta tanto a socios como non socios e a tódalas idades e niveis de coñecemento. Non é necesario ter acudido á saída do 12 de marzo anterior. De todos xeitos, débese anotar os que queiran participar enviando un correo electrónico co nome e apelidos. A SGHN non subscribirá seguro de accidentes nesta ocasión.

O marcador do lugar de encontro: Marcador cerca de Nebrixe, 18, 15659 Nebrixe, A Coruña

Para o día da actividade un teléfono de contacto: Ignacio 653817879.

  • Divulga ti tamén!

    RSS
    Facebook
    Facebook
    Twitter
    Instagram