A Delegación en Ourense de SGHN, en colaboración co Ateneo de Ourense e o Centro Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense e a participación activa do Grupo Lobo Galicia aprácense en presentar a seguinte actividade
- Conferencia: Xornada divulgativa sobre os lobos en Galicia. A vida nas montañas de Ourense
- Día: Venres 07/11/2025
- Hora: 19:00 h.
- Lugar: Centro Marcos Valcárcel
- Poñentes: D. Jesús Criado e D. Martín Carral.
Jesús Criado é naturalista, fundador e coordinador do Grupo Lobo Galicia, asociación sen ánimo de lucro adicada á defensa e conservación da biodiversidade en Galicia, con especial atención ao lobo ibérico. Entre as súas actividades destacamos a investigación e o seguemento etolóxico, a educación e a concienciación social sobre a importancia ecolóxica do lobo e a promoción da súa conservación, fomentando a coexistencia coas actividades humanas.
Martín Carral, fotógrafo de natureza e divulgador, fai da súa cámara unha ferramenta para mostrar a beleza e fraxilidade da vida salvaxe. Adica boa parte de seu traballo a retratar a fauna ibérica no seu entorno natural: o lobo ibérico, o oso pardo, as aves rapaces e moitas outras especies que forman parte do noso patrimonio natural. As súas imáxes buscan captar a estética do instante, e tamén transmitir unha mensaje de respecto, conservación e convivencia coa natura. Ademáis desta faceta artística, Martín comparte a súa experiencia a través de charlas, talleres e colaboracións con asociacións medioambientais, achegando ao público a importancia de protexer os ecosistemas e entender o valor da biodiversidade.

