UN PROXECTO DE REFORESTACIÓN AMEAZA O LIC COSTA ÁRTABRA E A ZEPA COSTA DE FERROLTERRA-VALDOVIÑO

Verdegaia e a SGHN-Delegación de Ferrol veñen de demandar ós Delegados Provinciais do Servizo de Conservación da Natureza e de Medio Rural da Xunta de Galicia que ordenen a paralización inmediata dos traballos de desbroce e plantación de piñeiros nunhas 300 ha do Monte Comunal de San Xurxo integrado no LIC “Costa Ártabra” e na ZEPA “Costa de Ferrolterra-Valdoviño”. As razóns para esta petición son que ditos traballos silvícolas:

  • Ameazan con destruir tres hábitats naturais considerados de interese comunitario pola Directiva 92/43/CEE do 21 de maio, de Conservación dos Hábitats Naturais e da Flora e Fauna Silvestres: 2230 Dunas con céspedes de Malcolmietalia2130 Dunas fixas con vexetación herbácea (dunas grises) e 4020 Queirugais húmidos atlánticos de Erica ciliaris e Erica tetralix, os dous últimos considerados como hábitats prioritarios.
  • Afectarían gravemente a diversas especies de aves protexidas, entre elas Circus cyaneus (especie Invernante e paso migratorio, catalogada como Vulnerable), Asio flammeus (Invernante e en paso migratorio; rapaz moi escasa en Galicia), Alauda arvensis (poboación en declive), Sylvia undata (Nidificante, poboación en declive), Lanius collurio (Nidificante),Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica (especie invernante, catalogada En Perigo de Extinción).
  • Estanse a realizar sen o preceptivo estudio de avaliación de impacto ambiental.

Máis...