A Asociación Trezecatorze, Olho de Sapo e SGHN organizan un roteiro xeolóxico interpretativo. A actividade consiste nunha saída guiada adicada ó coñecemento de algúns aspectos do funcionamento da Terra sobre a que vivimos e dos recursos naturais dos que dependemos totalmente. Esta actividade pretende crear conciencia sobre a importancia dos valores naturais e a necesidade de protexer o noso patrimonio xeológico.
Entre os valores naturais que alberga o val do Louro están as serras do Galiñeiro, Galleiro e o Faro Budiño, e a Zona de Especial Conservación Rede Natura2000 “ZEC Gándaras de Budiño”.
O obxetivo desta actividade é a divulgación dos valores naturais e etnográficos e aportar datos para o coñecemento da biodiversidade e o estado ambiental.
Prazas limitadas. Inscrición gratuíta obrigatoria no correo electrónico: gandaras@sghn.org
Trátase dunha actividade gratuíta e aberta a tódalas persoas interesadas. Cada participante é responsable único das súas accións e accidentes que puideran producirse. Os convocantes da actividade non se responsabilizan a nivel persoal nin colectivo dos accidentes que podan ocorrer.