Ferrol, 29-05-2017

Organizada pola Sociedade Mixta de Turismo do Concello de Ferrol a pasada fin de semana tivo lugar a visita de sete profesionais de medios especializados en turismo de toda España. Na xornada do sábado estiveron acompañados por un monitor da SGHN nun percorrido en bus pola Costa Ártabra (praias de Doniños, San Xurxo, Esmelle e Santa Comba) e a visita do Museo de Historia Natural de SGHN. Os expertos en turismo apreciaron o atractivo das costas ferrolás. Amosaron tamén interese polos contidos e a xénese do Museo da SGHN.