Fragas do Ortegal, historia e proxectos da asociación

A Delegación de Ferrol da SGHN organiza co patrocinio da Deputación da Coruña e dentro do ciclo Xuntanzas Naturalistas a conferencia “Fragas do Ortegal, historia e proxectos da asociación”, que terá lugar o vindeiro venres 20 de xuño ás 19:30 horas no auditorio do Museo de Historia Natural de Ferrol, Praza de Canido, s/n. Entrada libre ata completar o aforo. 

A Asociación “Fragas do Ortegal” é unha organización de natureza asociativa e sen ánimo de lucro que se constituíu no ano 2020. O ámbito territorial no que desenvolve as súas actividades é principalmente o municipio de Cariño e en xeral a comarca do Ortegal. O fin principal da asociación é a protección e recuperación do bosque tradicional do Ortegal e da súa paisaxe multicolor. Fomentar o uso natural dos terreos cunha xestión responsable e sustentable desde o punto de vista medioambiental, reforestando zonas inertes ou actuando sobre as zonas de explotación de monocultivos.

Os membros da asociación “Fragas do Ortegal” que participarán na xuntanza naturalista son:

  • Rosa Pita Vizoso: Presentación da Asociación Fragas do Ortegal: fins, proxectos e actividades que está a desenvolver.
  • Miguel Hevia: Fauna e flora. 
  • DATA: venres 20 de xuño
  • HORA: 19:30
  • LUGAR: Auditorio do Museo de Historia Natural de Ferrol
  • ORGANIZA: Delegación de Ferrol da Sociedad Galega de Historia Natural
  • PATROCINA: Deputación da Coruña
  • Divulga ti tamén!