Saída naturalista por Fragas do Ortegal

Primeira actividade de interpretación do medio dentro das actividades subvencionadas pola Deputación da Coruña, organizada pola delegación de Ferrol da SGHN. Esta actividade, gratuíta ao vir subvencionada pola Deputación da Coruña, é complementaria á charla divulgativa sobre a asociación Fragas do Ortegal e os proxectos que están a desenvolver que terá lugar o venres 20 de xuño.

  • Actividade: Ruta interpretativa por varias parcelas custodiadas por Fragas do Ortegal (Cariño, A Coruña) na mañá do vindeiro sábado 21 de xuño.
  • Nivel de dificultade: moderado, hai que levar botas de montaña e roupa axeitada.
  • Inscrición: gratuíta no correo electrónico ferrol@sghn.org; prazas limitadas. Unha vez feita a inscrición comunicarase o lugar de quedada e outra información necesaria relacionada coa ruta.
  • Divulga ti tamén!