A Delegación de Ferrol da SGHN organiza co patrocinio da Deputación da Coruña e dentro do ciclo Xuntanzas Naturalistas a conferencia “Fragas do Ortegal, historia e proxectos da asociación”, que terá lugar o vindeiro venres 20 de xuño ás 19:30 horas no auditorio do Museo de Historia Natural de Ferrol, Praza de Canido, s/n. Entrada libre ata completar o aforo.
A Asociación “Fragas do Ortegal” é unha organización de natureza asociativa e sen ánimo de lucro que se constituíu no ano 2020. O ámbito territorial no que desenvolve as súas actividades é principalmente o municipio de Cariño e en xeral a comarca do Ortegal. O fin principal da asociación é a protección e recuperación do bosque tradicional do Ortegal e da súa paisaxe multicolor. Fomentar o uso natural dos terreos cunha xestión responsable e sustentable desde o punto de vista medioambiental, reforestando zonas inertes ou actuando sobre as zonas de explotación de monocultivos.
Os membros da asociación “Fragas do Ortegal” que participarán na xuntanza naturalista son:
- Rosa Pita Vizoso: Presentación da Asociación Fragas do Ortegal: fins, proxectos e actividades que está a desenvolver.
- Miguel Hevia: Fauna e flora.
- DATA: venres 20 de xuño
- HORA: 19:30
- LUGAR: Auditorio do Museo de Historia Natural de Ferrol
- ORGANIZA: Delegación de Ferrol da Sociedad Galega de Historia Natural
- PATROCINA: Deputación da Coruña

