Pomos en marcha un ansiado proxecto de cartografado da entomofauna galega. Empezamos polas especies máis comúns e coñecidas, sen límite de especies, tipo ou rareza.
Cada especie terá a súa ficha cun mapa de distribución e unha fotografía da especie. Compleméntase con datos da súa bioloxía, curiosidades, etc. sempre con intención divulgativa, pero non por elo menor rigorosa.
Está aberta á participación de tod@s. Se queres redactar unha especie, aportar datos, fotografía, bibliografía, etc.
1.- Non será un servizo de identificación, as citas deben enviarse identificadas e ser comprobables.
2.- Os participantes (salvo solicitude expresa en contra) figurarán nos créditos.
3.- A páxina estará en continua evolución, segundo se incorporen novos datos.
4.- As citas deben proporcionar un datos mínimos: data, lugar de orixe do dato e referencia UTM en datum ETRS1989 (se non sabes o que é, pregúntanos) cun precisión mínima de 10 metros. O e-correo de contacto, é entomoloxia@sghn.org.
5.- As citas bibliográficas enviaranse con copia en pdf do artigo onde se obtén a cita e páxina onde aparece esta.
Especies incorporadas
| Orde | Familia | especie |
| Hymenoptera | Vespidae | Vespa crabro |
