(Hymenoptera, Vespidae)


Páxina en evolución permanente. Última actualización: 1/1/2026. Punto negro: cuadricula de 10×10 Km. Punto vermello: cuadrícula de 1×1 Km.
Introdución
Vespa Linnaeus, 1758 é un xénero de Hymenoptera amplamente distribuído no mundo e que ata hai pouco era monoespecífico na Península Ibérica e Galicia, ata a recente invasión de Vespa velutina, especie á que lamentablemente poden seguir outras do mesmo xénero nun futuro próximo. Popularmente coñecido como avispón, abábaro ou abázcaro.
Situación Taxonómica
Vespa pertence á familia Vespidae (Hymenoptera) que comprende, segundo autores, de 20 a 22 especies, cunha distribución eminentemente eurasiática. Vespa crabro Linnaeus, 1758 ten nove subespecies recoñecidas, sendo a presente na Península Ibérica Vespa crabro germana Christ, 1791. ARCHER (1992) reduce a seis o número de subespecies.
Distribución
Actualmente ten presenza Holártica, aínda que en orixe era Paleártica, pero a mediados do século XIX foi introducida na rexión Neártica a través de Nova Yorque entre 1840 e 1860 (Akre et al. 1981, tomado de BUCK, MARSHALL & CHEUNG, 2008). Amplamente distribuído na Península Ibérica.
Morfoloxía
Corpo negro e marelo, actuando como coración aposemática e de aviso a depredadores. Tamaño grande, que pode superar os 50 mm de envergadura alar.
Historia Natural
Constrúe os niños xeralmente en árbores valeiras e outros ocos como aleiros, galpóns, e colmeas abandoadas. As celas de cría arrodéanse pola típica estrutura de niño de véspora, máis ou menos redondeado e feito fibra de madeira mastigadas. Depreda sobre diversos insectos, incluídas abellas, escaravellos e outras vésporas. Activos de noite e atraídos pola luz. A caste obreira rilla poliñas para zugar o zume e non despreza unha alimentación oportunista.
Compre destacar que a depredación sobre abellas é moi puntual e hai apicultores (centro europa) que procuran colocar un niño de Vespa crabro entre al colmeas, xa que contribuen a evitar ataques doutros animais ás colmeas e a depredación sobre as abellas é mínima.
En outono a colonia produce femias e machos fértiles. As femias fecundadas serán as raíñas da vindeira estación e invernan en refuxios como furados de árbores, brión e outros ocos, incluídos as paredes de edificios. O resto de individuos da colonia, incluídos os machos, morren durante o inverno.
Na primavera as raíñas fan niños primarios, depositando os primeiros ovos nas celas construídas e alimentando as primeiras larvas, das que sairán as primeiras obreiras estériles. Ocasionalmente poden abandoar o niño orixinal e construír un novo, podendo deberse a limitacións para desenvolver o tamaño requirido.
As obreiras retoman o labor de alimentar as larvas, buscar comida e ampliar o niño. Na maduración do niño, despois do verán, viven entre 300 e 5.000 obreiras e algúns autores o rebaixan a máximos de 1.000 obreiras (JACOBS, 2010; ARCHER, 1993).
A proporción das castes é variable e ARCHER (1993) indica unha media de 54% de obreiras, 29% machos e 17% raíñas.
Estudos recentes sobre a reprodución demostran que o control da mesma débese, máis que por un efecto de control feromónico da raína, a un autocontrol das obreiras, retirando ovos de traballadoras (FOSTER et al., 2002).
A toxicidade do veleno, estandarizado en LD50 (cantidade de veleno que provoca 50% dos casos a morte de ratos de laboratorio) das abellas, é de 6 mg de veleno por kg de peso corporal dunha persoa, mentres que no caso do avispón, son necesarios de 10 mg/kg (HABERMANN, 1974) a 90 mg/kg (KULIKE, 1986), é dicir, que o veleno do avispón é do orde de 1,7-15 veces máis débil ca o das abellas. (tomado de http://www.hornissenschutz.de/hornets.htm). Isto ten como base que o veleno das abellas evolucionou para se defender dos mamíferos que asaltan o mel das colmeas, mentres que as vésporas e vesporóns o empregan para a caza das súas presas, normalmente invertebrados. Nembargante, nas persoas con antecedentes alérxicos (reaccións sistémicas graves) a picadura de himenópteros, as picaduras de Vespa crabro implicar o triplo de risco de reacción sistémica adversa grave que se fose de abella ou outra véspora (ANTONICELLI et al. 2003).
Tanto o veleno das vésporas sociais como vesporóns non posúen mellitina, apamina nin polipéptido MCD, pero atopouse serotonina, acetilcolina e substancias activas que afectan á musculatura lisa, e outras con efecto hemolísico e anticoagulante (FERNÁNDEZ RUBIO, 1999)
Ameazas
Categoría UICN para Galicia: NT (case ameazado).
No último lustro incrementouse a morte de exemplares por captura indiscriminada en trampas destinadas a Vespa velutina, así como dos seus niños, confundidos coa citada V. velutina.
Igualmente prodúcese unha reducción de ocos naturais no arborado (por tala e incendios forestais) que son a principal fonte de lugares de aniñación.
En base a esta situación, considérase que cumpre o parámetro A22 da lista vermella da UICN.
En Alemaña está legalmente protexida a través da Lei Federal de Protección da Natureza de 25.03.05 (Bundesnaturschutzgesetzes-BNatSchG) e incluída no Anexo 1 da Ordenanza Federal de Protección de Especies de 24.02.2005. As sancións poden chegar ata os 50.000 euros.
Bibliografía
ANTONICELLI, L., BILÓ, M., NAPOLI, G. FARABOLLINI, B. & BONIFAZI, F. 2003. European hornet (Vespa crabro) sting: a new risk factor for life-threatening reaction in hymenoptera allergic patients?. Eur Ann Allergy Clin Immunol. 2003 Jun ;35(6):199-203.
ARCHER, M.E. 1992. The taxonomy of Vespa crabro L. and Vespa dybowskii Andre (Hym. Vespinae). Entomologist’S Monthly Magazine. 128_157-163.
ARCHER, M. E. 1993. The life history and colonial characteristics of the hornet, Vespa crabro L. (Hym., Vespinae), Entomologist’s Monthly Magazine, vol. 129: 151-163.
Base de datos biolóxicos da SGHN.
BUCK, M., MARSHALL, S.A. & CHEUNG, D.K.B. 2008. Identification Atlas of the Vespidae (Hym. Aculeata) of the northeastern Neartic region Canadian Journal of Arthropod Identification 5. 492 pp.
Bundesnaturschutzgesetzes (BnatSchG) vom 25.03.05 zuletzt geändert am 08.04.08
FERNÁNDEZ RUBIO, F. 1999. Artrópodos y salud humana. Fondo de Publicaciones del Gobierno de Navarra. 275 pp.
JACOBS, S. 2010. EUROPEAN HORNET Vespa crabro L. Entomological Notes. Department of Entomology. College of Agricultural Sciencies-Cooperative Extension. The Pennsylvania State University.
FOSTER, K.R., GULLIVER, J. & RATNIEKS, F.L.W. 2002. Worker policing in the European hornet Vespa crabro. Insectes Sociaux. March 2002, Volume 49, Issue 1, pp 41-44.
http://www.hornissenschutz.de/hornets.htm. Publicación en liña. Acceso 21/05/16.
UICN. (2001). Categorías y Criterios de la Lista Roja de la UICN Versión 3.1. Comisión de Supervivencia de Especies de la UICN. UICN, Gland, Suiza y Cambridge, Reino Unido. ii + 33 pp.
Redactor principal: Xosé Lois Rey Muñiz
Colaboradores:
31/12/2025. Xosé Lois Rey Muñiz , María del Carmen Noya Rey, Carlos Rey Rañó. Aporte de datos
1/01/2026. Aporte de datos. Tomás Cumbraos-Díaz
Para participar neste proxecto ou aportar datos para esta especie, revisa os criterios de traballo neste enlace.
