Feira do Catorce e Monte do Gato

O pasado domingo 22 de Marzo, na Delegación das Mariñas realizamos unha nova actividade das conveniadas co Concello de Sada: Visita á Reserva de anfibios do Catorce (Coirós), xestionada pola Fundación Fragas do Mandeo, de cuxo padroado forma parte a SGHN, e mais ao Monte do Gato, en Ois, coa colaboración de Miguel Gayoso, membro da Asociación Fillos de Ois.

As saídas están limitadas a 22 persoas e focanse na divulgación dos valores e problemática ambientais e en aspectos culturais e históricos dos lugares visitados.

Para máis información sobre este programa podes consultar a web do Concello de Sada.

  • Divulga ti tamén!