“A biblioteca sae ao medio…”

A delegación de Ferrol da SGHN oferta tres saídas dentro da actividade “A Biblioteca sae ao medio” co Concello de Ferrol.

A Sociedade Galega de Historia Natural ofrece un ano máis as saídas de divulgación patrocinadas pola Concellería de Educación do Concello de Ferrol a través do seu convenio para a actividade “A biblioteca sae ao medio, interacción libro-natureza”. Como vén sendo habitual, este ano as actividades tamén consistirán en dúas saídas ao areal e lagoa de Doniños e un paseo polos xardíns da cidade. As saídas e datas propostas pola entidade son: Doniños nocturno (sábado 10 ás 21:00 horas no aparcadoiro de Outeiro); Doniños diúrno (sábado 17 ás 10:30 no mesmo aparcadoiro) e para o paseo polos xardíns da cidade, a data prevista é o sábado 24 coa saída ás 11:00 dos xardíns das Angustias en Esteiro.

Tódalas saídas son gratuítas grazas ao patrocinio do Concello de Ferrol, pero para gozar delas é precisa a inscrición previa que se poderá realizar a través dos teléfonos 698141384 e 881931315. Dende Ferrol lembramos que o límite de participantes é de 20 prazas, recomendando levar roupa e calzado cómodos e acordes coa meteoroloxía, así como auga e crema solar se procedese.

No caso da saída nocturna deste sábado, é moi recomendable levar lanterna e atender ás indicacións sobre o seu uso no campo por parte dos monitores da SGHN!