“A biblioteca sae ao medio”: Visita á antiga alameda de Ferrol

O día 3 de xuño tivo lugar a primeira das tres saídas do programa “A Biblioteca sae ao medio”, dentro do convenio coa Concellería de Educación do Concello de Ferrol. A Biblioteca do Museo e Delegación de Ferrol da SGHN, mantén un convenio co Concello de Ferrol no que recibe una dotación anual de 1.000€ destinados exclusivamente ao incremento dos seus fondos bibliográficos como podes ver aquí.

A primeira saída realízase en medio urbano, este ano enfocada a coñecer a gran alameda deseñada na construción da cidade no s.XVIII, cunha parte civil incluíndo ao Ferrol Vello, os novos barrios de Ferrol Novo (despois A Magdalena) e Esteiro; a parte militar incluían os Arsenais e o estaleiros. Ambos núcleos estaban conectados coa que foi maior alameda pública de Galicia, seguindo as tendencias da Ilustración. A ruta segue a pista desa traza orixinal e as principais modificacións posteriores, prestando atención ao recoñecido valor botánico dos seus xardíns, explicables polas achegas de viaxes da Armada a Asia e América.

Itinerario: Praza das Angustias , Cantón de Molíns e Alameda de Suances, rúa Irmandiños, Alameda do Carbón, Praza Vella e Argüelles, Xardíns de San Francisco, Xardíns de Herrera e Praza de Amboaxe (remate). A actividade foi gratuíta, atendida por dous monitores para os 34 asistentes rexistrados por orde de inscrición.

As seguintes saídas terán lugar en setembro, con senllas visitas nocturna e diurna ao complexo dunar e lacustre de Doniños. Para ambas a inscrición está xa completa.