“A recuperación da Frouxeira en 1984”

Conferencia de Xan Rodríguez Silvar co gaio do Dia dos Humidais 2023 o venres 3 de febreiro ás 19:00 h no salón de actos Museo de Historia Natural de SGHN. Entrada libre ata completar aforo

Cando veñen de cumprirse 38 anos da reposición da canle da lagoa da Frouxeira, a Sociedade Galega de Historia Natural organiza esta conferencia para lembrar o que se pode considerar un caso de éxito do movemento ambiental galego.

A Frouxeira pertence a Lagoa e areal de Valdoviño, un dos humidais máis relevantes da costa Ibérica, e un dos cinco “Sitio Ramsar” protexidos polo do Convenio Internacional de Ramsar en Galicia, xunto coa Ría do Eo en Ribadeo en Lugo, a Ría de Ortigueira e Ladrido en Cariño-Ortigueira, o Complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo na Coruña e o Complexo intermareal Umia – O Grove; A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira en Pontevedra.

Ameazada pola saca de area, especialmente nas décadas do 50 a mediados dos 70, en novembro de 1984 a SGHN colaborou coa corporación municipal de Valdoviño na recuperación do desaugue histórico, desviado polas actividades extractivas. Con esta actuación repúxose a canle e freouse o proceso de deterioro da lagoa, como se tratará na exposición de Silvar, participante da iniciativa.

Contamos coa vosa participación!

NOTA: As actividades do MHN son posibles, grazas ás cotas das persoas socias da SGHN; o aporte das doazóns do público que visita o museo en Ferrol; o convenio de colaboración asinado coa Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ferrol, así como pola achega puntual da Deputación da Coruña no mes de decembro.