A Xunta de Galicia fai ‘marketing’ co oso pardo mentres segue sen actualizar o plan de recuperación da especie

Comunicado da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Ecoloxistas en Acción-Galiza, Plataforma para la Defensa de la Cordillera Cantábrica (PDCC) e Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)

Os últimos acontecementos en relación ao oso pardo (Ursus arctos) en Galicia poñen de manifesto que a especie é únicamente obxecto de marketing por parte da Xunta de Galicia, que obvia calquera atisbo racional e legal en canto a políticas de conservación da especie.

Hai dúas semanas ADEGA, e máis recientemente a PDCC, demandaron da Xunta a actualización do Plan de Recuperación, un decreto que leva detido 6 anos. Ademais diso, desde a PDCC pediuse información á Consellería de Medio Ambiente sobre todo o referido ás filmaciones que apareceron recentemente sobre un oso no Porque Natural do lnvernadoiro (Ourense).

O oso pardo é unha especie catalogada como “En Perigo de Extinción” a todos os niveis administrativos (europeos, estatais e autonómicos). A conservación da especie recae nas comunidades autónomas e, neste caso a Xunta de Galicia aprobou en 1992 o correspondente Plan de Recuperación (Decreto 149/1992). Este plan debérase revisar para proceder á súa actualización, fundamentalmente no que se refire á súa área de distribución, que cambiou notablemente. O incremento da poboación cantábrica trouxo. entre outros consecuencias. que a especie xa non estea restrinxido ao indicado no citado Decreto, fundamentalmente unha pequena área nos Ancores lucenses. Así, na última década foron detectados osos en moitos outros enclaves da montaña lucense e noutros emprazamentos da provincia de Ourense.

Oso pardo (Ursus arctos), ilustración reproducida de A.E. Brehm (1880)

A parálise na actualización do novo Decreto relativo á conservación do oso pardo arrástrase desde o ano 2013, cando a Xunta presentou un borrador pero que por razóns nunca aclaradas quedou paralizado.

Mentres tanto, a Xunta de Galicia tan só parece estar interesada en facer propaganda dunha inexistente política de conservación do oso en territorio galego, aproveitándose do incremento da especie na súa área de distribución habitual (fóra de Galicia) para vender imaxe, por exemplo co proxecto LIFE en O Courel e facilitando ou tolerando o distribución de noticias de presencio da especie como recentemente no Parque Natural do lnvernodoiro por parte dunha productora de cine.

Finalmente. consideramos extremadamente grave que mentres o Plan de Recuperación do oso pardo en Galicia non se actualiza desde fai case 30 anos, a Xunta de Galicia non só consente senón que alenta a destrución de hábitats na súa área de distribución real: parques eólicos como o de O lribio, canteiras a ceo aberto por todas as partes como as de O Courel ou Pena Trevinca, o cultivo industrial de especies exóticas forestais ou infraestruturas de transporte como a autovía A-76, que atravesa o Parque Natural da Serra de Enciña da Lastra no que vén ser o corredor natural de expansión da especie.

Por todo iso, as entidades asinantes esixen a reactivación, revisión e redacción de xeito inmediato dun novo Decreto de Recuperación da especie en Galicia e a paralización de todas aquelas actuacións que deterioran o seu medio natural. De nada serve facer propaganda se non existe un compromiso certo pola conservación.