Actividade no Montealegre polo Día da Árbore

O día 21/03/2024 a Delegación de Ourense da SGHN xunto co C.E.I.P. Irmáns Villar, a Aula da Natureza e o Concello de Ourense organizaron unha actividade para alumnos do CEIP no parque do Montealegre en Ourense.

No día da Árbore realízanse diversas accións, en xeral desenvolvidas ao ar libre, centrándose na árbore, son momentos para gozar e observar a natureza. Durante a mañá os nenos e profesores do C.E.I.P. Irmáns Villar pasean e descubren o parque do Montealegre para participar despois na plantación dunha árbore.

Cunhas magníficas vistas da cidade de Ourense, todos os nenos e os seus profesoras aportaron puñados de terra para que a nosa árbore poida enraizar ben. Pero non só é plantar a árbore nun día determinado, podemos disfrutar dela acompañándoa no seu crecemento e desenvolvemento ao longo dos anos, cuidándoa e respectándoa.

A importancia das árbores

E acabamos lembrando por qué existe un día da árbore, por qué son importantes as árbores. As árbores, individualmente e no seu conxunto, realizan múltiples funcións que nos benefician a todos. Atenúan a contaminación ambiental, protexen o solo e favorecen a biodiversidade de todas as especies de plantas e animais nos ecosistemas. A maiores, xeran oxíxeno, refrescan o ambiente, absorben e secuestran o CO2; as árbores, en definitiva, protéxennos contra o quecemento glogal e o cambio do clima.

E con todo, pasou a mañá, os menos e profesores disfrutaron dunha xornada especial e ahí quedou a árbore plantada para lembrarnos este día. Vémonos noutra ¡¡¡