SGHN presentou alegacións (pdf) ó proxecto de transformación dunha barreira naturalizada en terreo industrial no límite do ZEC “Gándaras de Budiño” (ES1140011). Entre outros efectos está a eliminación da colonia de anidación da anduriña das barreiras (Riparia riparia) e probable presenza de sapoconcho europeo (Emys orbicularis). Aínda que o informe do promotor do proxecto indica que non se afectará esta zona, existe o risco da súa presenza no resto da área obxecto de actuación.