Aproximación á diversidade vexetal nos solos ultrabásicos do Careón e a Capelada

A Delegación de Ferrol da SGHN organiza co patrocinio da Deputación da Coruña e dentro do ciclo Xuntanzas Naturalistas a conferencia “Unha aproximación á sorprendente diversidade vexetal que habita nos solos ultrabásicos das serras do Careón e da Capelada”.

A flora dos solos ultrabásicos da Serra do Careón e Serra da Capelada en Galicia é única e de grande importancia ecolóxica, xa que inclúe especies endémicas e adaptadas a condicións extremas, contribuíndo á biodiversidade e á conservación de ecosistemas raros e especializados.

Pablo Rodeiro é investigador predoutoral no departamento de botánica da USC e está investigando nesta flora  asociada a serpentinas. Falará sobre a distribución destas especies, características ecolóxicas destes hábitats, endemismos exclusivos e outras especies ligadas a serpentinas e ao afloramento. O enorme valor ecolóxico que teñen estas especies, as ameazas e as medidas propostas para a súa conservación.

  • DATA: venres 27 de xuño
  • HORA: 19:30 h
  • LUGAR: Auditorio do Museo de Historia Natural de Ferrol, Praza de Canido, s/n
  • ORGANIZA: Delegación de Ferrol da Sociedad Galega de Historia Natural
  • PATROCINA: Deputación da Coruña
  • Entrada libre ata completar o aforo
  • Divulga ti tamén!