Aquí non! Un video para protexer a Cordilleira Cantábrica

A Plataforma para a Defensa da Cordillera Cantábrica, xunto a 103 entidades de toda España (entre elas SGHN), presenta o vídeo da campaña «Aquí Non» coa que se reclama a exclusión das áreas de alto valor ambiental da implantación de novos complexos de aeroxeneradores. Un vídeo que contou coa colaboración de máis de 40 persoas do ámbito universitario, literario, musical e xornalístico.

Por unha transición enerxética respetuosa coa Cordilleira Cantábrica

A Cordillera Cantábrica é o destino elixido por inminentes proxectos de aproveitamento enerxético de gran envergadura que comprometen o futuro desta zona natural e dos seus habitantes. A campaña «Aquí Non» é unha iniciativa dirixida a sensibilizar sobre a necesidade de evitar que enclaves con altos valores ambientais e paisaxísticos, e en especial, os da contorna da Cordilleira Cantábrica, sufran o aluvión de novos complexos de aeroxeneradores actualmente proxectados.

A iniciativa naceu no outono de 2020 cun manifesto ao que se han ir sumando entidades ata alcanzar as máis de 100 que son actualmente.
Como recentemente afirmaba a Ministra para a Transición Ecolóxica, a implantación de renovables debe ir da an da conservación da biodiversidade. Con todo, é obrigado ir máis aló das palabras e as boas intencións. Faise necesaria unha planificación rigorosa e unha zonificación de carácter vinculante -non só orientativa como a presentada polo MITECO en decembro- que contemple áreas de exclusión coincidentes con amplas zonas de alto valor ambiental e paisaxístico.

Actualmente son máis de 6.000 os aeroxeneradores que se atopan implantados desde o norte de Navarra ata as costas galegas, unha porcentaxe non pequena deles sobre áreas de alto valor natural, incluíndo Rede Natura 2000. Non podemos continuar implantando máis complexos nestas montañas que xa viñeron aportando recursos (grandes encoros, minería, térmicas) nos últimos 60 anos cun alto custo ambiental e social. Só temos unha Cordilleira Cantábrica e temos a obrigación e o dereito de coidala.

Participantes no video

Alberro Uría, Alipio García de Celis, Ana Gaitero, Ángeles Caso, Antonio Gamoneda, Aurelio González Ovies, Cristina Fanjul, David Arango, Eduardo Infante, Emma Álvarez, Esperanza Fernández, Fulgencio Fernández, Ignacio Alonso, Joaquín Araújo, José María Pérez “Peridis”, Julio Lago, Julio Llamazares, “La MODA”, Laura Álvarez, Laura Benito, Lewis Bailey, Manuel Frochoso, Manuel Rivas, Mar Verdejo, María Carnero, María Sánchez, Marta del Riego, Nacho Vegas, Noemí Sabugal, Olga Novo, Patricia Zores, Rodrigo Martínez, Sergio Fernández, “Silvidos y Gemidos”, Sofía Martínez, Susana Vergara, Uxía, Valentín Cabero, Valentín Carrera, Xavier Simón, Xoan Piñón, Xosé Alba, Xurxo Souto e Yasmina Álvarez.

Todos eles representan o sentir dunha sociedade civil que manifesta unha clara preocupación por abordar un cambio no modelo enerxético, pero tamén un compromiso porque este se faga respectando a biodiversidade e os nosos valores paisajísticos e humanos.