
Esta herbácea da familia das iridáceas é orixinaria de África do Sur. Posúe inflorescencias en forma de espiga, nas que cada unha das súas flores presenta forma de tubo longo e estreito, coa parte final libre e a superior máis longa e curvada.
En Galicia citouse a Chasmante floribunda no ano 2011 en A Coruña, e cinco anos máis tarde, no ano 2016, Chasmante aethiopica para A Illa de Arousa. Foi introducida para usos ornamentais pola beleza das súas flores. Invade o medio natural ameazando a biodiversidade autóctona cando escapa aos cultivos ou cando son botados neles os restos da planta. No seu lugar de orixe espállase tanto por sementes como polos bulbos que están baixo a terra.
Para evitar a súa expansión é aconsellable non cultivala nen botar os seus restos, especialmente en lugares preto de espazos naturais.
Pittosporum tobira (Thunb.) W.T. Aiton
Oenothera rosea L’Hér. ex Aiton
Cuscuta campestris Yunck
Bidens frondosa L.
Liques de Galicia