AS ALAMEDAS ILUSTRADAS DE FERROL: A historia das alamedas e a vida nos corredores verdes nas cidade de Ferrol

CHARLA MOI INTERESANTE no Museo de Historia Natural! 

Impartida por MARÍA JOSÉ LEIRA AMBRÓS, gran experta que nos deleitará coa relevancia e importancia destes espazos verdes e a súa función na vida, cultura, lecer e costumes na cidade de Ferrol, e que posteriormente deron lugar a este tipo de corredores noutras cidades e vilas do país.

A charla terá lugar o venres 29 de abril de 2022 ás 19:30 h. no salón de actos do Museo de Historia Natural de Ferrol. Esta actividade vén organizada pola Delegación de Ferrol da SGHN e patrocinada pola Deputación da Coruña. O aforo é limitado e non se precisa reserva.

María José Leira Ambrós é licenciada en Bioloxía pola USC. Exerceu como profesora de Bioloxía e Xeoloxía maiormente no IES Concepción Arenal de Ferrol. Dende hai anos é autora de numerosas publicacións en forma de libros e artigos, nos que maiormente trata sobre as árbores ornamentais e dos xardíns (algúns deles foron presentados no proxecto e proposta de Ferrol, Patrimonio da Humanidade):

  • LEIRA AMBRÓS, Mª JOSÉ. 2021. As alamedas ilustradas de Ferrol. Xerme dos corredores verdes urbanos e urbano-industriais. Deputación da Coruña. 94 pp.
  • LEIRA AMBRÓS, Mª JOSÉ. 2018. En: BURGOA, J.J. & LLORCA FREIRE, GUILLERMO (Coords.) Memoria histórica do barrio da Magdalena. Edicións Embora. 360 pp.
  • LEIRA AMBRÓS, Mª JOSÉ. 2002. Los jardines del Campus de Esteiro. Universidade da Coruña. 119 pp.
  • LEIRA AMBRÓS, Mª JOSÉ. 1998. Árboles y arbustos ornamentales de Ferrol. Ayuntamiento de Ferrol. 175 pp + planos de ubicación de los ejemplares.
  • LEIRA AMBRÓS, Mª JOSÉ. 1990.  Árboles y arbustos de los jardines de Ferrol. Ayuntamiento de Ferrol. 127 pp + planos de ubicación de los ejemplares.