As charcas como Recurso Educativo

Colaboración có IES Lagoa de Antela

O 01/06/2024, nas xornadas do proxecto Refuxios desenvolvidas polo IES Lagoa de Antela programouse unha actividade divulgativa para docentes centrada nos pequenos humidais. Nas xornadas participaron o doutor en bioloxía Carlos Cabido da Sociedade de Ciencias de Aranzadi e o biólogo Ion Garin que falaron respectivamente sobre: “O valor das lagas e pequenos humidais para a conservación e a educación ambiental” e sobre a “Rede de charcas en escolas” que Aranzadi coordina en Euskadi e Navarra.

Ademáis participaron docentes de distintos IES de Galicia que expuxeron as súas experiencias na naturalización e aproveitamento dos espazos exteriores marxinais dos seus centros, especialmente a través da educación ambiental ligada á auga como eixo transversal na educación formal.

A xornada rematou cunha visita aos traballos de restauración da Veiga de Gomareite que está a levar a cabo a SGHN para coñecer de primeira man os traballos desenvolvidos e a problemática asociada a recuperación e mantemento deste espacio e a necesidade de establecer sinerxias con proxectos locais como, neste caso, a gandeiría de vacuno en extensivo.