Coñecida popularmente como grama americana ou gramón, esta gramínea procedente de América tropical e subtropical foi citada por vez primeira en Galicia no ano 1909 por Merino. Foi introducida como especie ornamental para empregala como céspede. Cando escapa do cultivo, naturalízase rápidamente invadindo ambientes ruderais e zonas alteradas da costa, dunas, marismas, etc., onde pronto forma tapices monoespecíficos que impiden o crecemento doutras especies. Invade tamén infraestructuras e terreos agrícolas, sendo a súa eliminación moi custosa pola súa fisionomía rizomatosa. A baixa resistencia ás xeadas limita a súa expansión.
Colabora no Atlas escribindo a botanica@sghn.org
Colabora no Atlas escribindo a botanica@sghn.org