Aves e plásticos no humidal Ramsar Umia-Grove-Carreirón

Cada ano, o 2 de febreiro celébrase o “Día Mundial de los Humedales” conmemorando a data na que se asinou en 1971 a Convención sobre as zonas húmidas en Ramsar (Irán). O convenio Ramsar conleva a creación dunha rede internacional de zonas húmidas entre as que se inclúe o Complexo Intermareal Umia-O Grove polas súas especiais condicións e valores para a biodiversidade.

Nestas últimas semanas, quen máis e quen menos, todos temos escoitado e falado do problema xerado pola granza ou “pellets” de plástico e, quizais, máis dun terase percatado de que esto non é máis que a punta do iceberg de plástico, ou “plasticberg”, o xigantesco problema dos plásticos na costa e tamén no interior.

Tendo en conta o devandito, SGHN organiza este ano unha actividade dobre dirixida EXCLUSIVAMENTE a socios da SGHN: achegarémonos ao Complexo Intermareal Umia – Grove para disfrutar das aves e para mellorar as condicións deste humidal Ramsar.

  • Requisitos: Ser socio da SGHN e inscribirse previamente no correo: ourense@sghn.org
  • Data e hora de encontro: Sábado 03/02/2024 ás 10:00.
  • Lugar de encontro: concretarase coas persoas previamente anotadas.
  • Actividades: Observación de aves e recollida de plásticos.
  • Comida: de campo a cargo de cada participante.
  • Materiais: Como sabedes unha das labores desenvolvidas pola Sección Antela da SGHN é a recollida de lixo no cadro dos proxectos de restauración de humidais na Limia. Xa que logo, SGHN ten algún material dispoñible (pinzas, luvas e bolsas), que estará ao dispor dos participantes ata agotar existencias, así que agardaremos a concretar o total de participantes por si fose necesario outro material que se poida aportar.

Animádevos e reservade esa data porque: Cada humidal é importante e cada esforzo conta.