Contan que no Nadal chegan algúns agasallos e nestes días no Museo estamos a recibir unha interesante doa do catedrático emérito de Zooloxía Mariña da USC 𝗩𝗶𝗰𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮𝗻𝗼 𝗨𝗿𝗴𝗼𝗿𝗿𝗶: nada máis e nada menos que a súa colección de diapositivas de moluscos, resultado de arredor de 50 anos de estudo e traballo.
En total son preto de 𝗰𝗶𝗻𝗰𝗼 𝗺𝗶𝗹 𝗶𝗺𝗮𝘅𝗲𝘀 de invertebrados mariños, a meirande parte deles moluscos, que foron tomadas na ría de Ferrol e no resto de Galicia, así como noutros países (Portugal, Irlanda, Holanda ou mesmo na Antártida). Cómpre lembrar que Urgorri adicou boa parte da súa labor investigadora á ría de Ferrol (preme aquí para coñecer máis sobre as súas investigacións).
O Museo de Historia Natural da SGHN quere agradecer e recoñecer o bo xesto e a xenerosidade ao ben común e o aporte ao patrimonio público con esta doazón por parte de Victoriano Urgorri.


