Comunicado de SGHN sobre a enésima vaga de lumes en Ourense

O pior comenzo de outubro de todos os tempos, hoxe no Cenza, onte no Macizo Central e o Xurés, … Levamos uns días de outubro cos lumes absolutamente desbocados no noso rural, abandonado polos nosos gobernantes, o máis avellentado e queimado de Europa. A ninguén lle ten que extrañar. Nada ten mudado, séguense a queimar os nosos cartos na extinción, pero permanecen os problemas profundos que non somos capaces de afrontar. Temos captado nas persoas que día a día pelexan contra os lumes unha sensación de rabia, impotencia, desánimo, e máis desesperación; e o pior, resignación diante dunha situación que non ven que se queira resolver.

Mentres os que queiman campen ás súas anchas, mentres que tras os lumes se permita calquera actuación sobre o queimado … Qué imos conseguir? Onde está aquí a lei pola que tantos anos levamos clamando?