Cúmulo globular Omega Centauri

Omega Centauri é o cúmulo globular máis brillante e espectacular do ceo. Visible a primeira ollada na constelación Centauro. Esta enorme bóla de estrelas é moito máis antiga que o noso Sistema Solar.

Dos máis ou menos 200 cúmulos globulares que se estima ten a Vía Láctea, Omega Centauri é o máis grande, con máis de dez millóns de estrelas. É tamén o cúmulo globular máis brillante, cunha magnitude aparente de 3.9. Atópase entre 15.000 e 18.000 anos luz de distancia, o seu diámetro é de 150 anos luz. Estímase que a súa idade é duns 11.500 millóns de anos.

Orixe

Crese que Omega Centauri non é realmente un cúmulo globular, senón unha antiga galaxia absorbida pola Vía Láctea e desposuída das súas estrelas externas, ou o que queda dun núcleo dunha galaxia enana desgarrada en anacos pola gravidade da Vía Láctea.

Cúmulo globular Omega Centauri
Cúmulo globular Omega Centauri

A rexión central de Omega Centauri está tan chéa de estrelas que se cre que están a só 0.1 anos luz de distancia entre si. En 2008, un estudo mostrou a evidencia dun buraco negro de masa intermedia no núcleo de Omega Centauri, baseado en observacións realizadas polo Observatorio Gemini en Chile e o Telescopio Espacial Hubble, aínda que investigacións máis recentes teñen cuestionado esta teoría.

Descubrimento

Omega Centauri foi descuberto desde a illa de Santa Elena por Edmond Halley en 1677 que o designou como un grupo de estrelas. Johann Bayer en 1603 pensou que era unha estrela e nomeouno como Omega Centauri. Non foi recoñecido definitivamente como un cúmulo globular ata 1826 polo astrónomo escocés James Dunlop. Tamén é coñecido como NGC 5139, GCI 24 e Caldwell 80.

Observación

Con todo Omega Centauri non é visible para nós, xa que ten unha declinación de 47ºS, polo que só se pode ver se nos trasladamos máis ao sur, por baixo dos 40ºN. Si imos ás Illas Canarias, poderemos velo á primeira ollada. Mentres tanto ofrecémosvos a foto que obtida en decembro do pasado ano por un dos nosos compañeiros de Fotografía Ferrolterra e da SGHN desde Arxentina. Gozala!