Día 2: Lanzamento da sonda espacial Pioneer 10 (1972). Na actualidade atópase a 18.375.000.000 quilómetros do Sol na constelación de Auriga. Viaxa a 11,9 q/s.
Día 4: En 1781 William Herschel descubriu o planeta Urano. Aniversario do descubremento dos aneis de Xupiter pola nave Voyayer 1 (1979).
Día 6: Ás 05:04 h Lúa Nova.
Día 11: Marte e a Lúa moi próximos.
Día 13: En 1787 William Herschel descubre os satélites de Urano Titania e Oberón. Aldebarán e a Lúa moi próximos.
Día 14: Ás 11:27 h a Lúa en Cuarto Crecente.
Día 15: Choiva de estrelas Gamma-Nórmidas, actividade desde o 7 ao 23 de marzo, cún máximo o día 15 de 2 por hora. Radiante en Norma.
Día 17: A Lúa e o Cúmulo do Pesebre moi próximos.
Día 19: Regulus e a Lúa moi próximos.
Día 20: Ás 10:58 h Comenza a Primavera no hemisferio norte, Outono no sur.
Día 21: Ás 02:43 h Lúa Chea.
Día 25: En 1655 Christiaan Huygens descubre o satélite de Saturno, Titán.
Día 27: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
Día 28: Ás 05:10 h a Lúa en Cuarto Minguante.
Día 29: Saturno e a Lúa moi próximos.
Día 31: Marte e as Pleiades moi próximos.
Planetas
Mercurio en Piscis, cunha magnitude de 2,8, non visible.
Venus en Capricornio, com magnitude de -3,5 visible unha hora antes do amencer.
Marte en Aries, cunha magnitude de 1,51, visible ata media noite.
Xúpiter en Ofiuco, cunha magnitude de -1,7, visible catro horas antes do amencer.
Saturno en Saxitario, cunha magnitude de 0,8 visible dúas horas antes do amencer.
Urano en Aries, cunha magnitude 6,22 visible durante tres horas despois do solpor.
Cometas
Tan só C/2018 Y1 (Iwamoto) na constelación da Auriga, con magnitude 8, pode observarse cun telescopio pequeno. Os demáis teñen magnitudes que os fan difícilmente observables.