Especie parásita americana, coñecida como gorga ou barba de raposo. O termo hebreo do que deriva o nome do xénero significa “cubrir”, e alude a súa condición de parásita, que actúa cubrindo completamente as plantas hospedeiras cos seus talos.
Pertence á familia das convolvuláceas e foi citada por vez primeira en Galicia no ano 1986. Foi introducida en Europa a través dos cultivos de especies forraxeiras a principios do século XX. Actualmente considérase unha especie con comportamento invasor emerxente.
Atópase presente en zonas alteradas como cunetas, camiños e embalses. Parasita tamén moitos cultivos e especies das zones dunares onde xa se nota este incipente comportamento invasor.
