O ceo en xullo de 2019

Efemérides

  • Día 2: Ás 09:18 h Lúa Nova. Eclipse total de Sol visible en Arxentina.
  • Día 4: A Lúa, Mercurio e Marte moi próximos.
  • Día 6: Aniversario (1687) da publicación do libro “Principia” onde Isaac Newton publica a Lei da Gravitación Universal.
  • Día 7: Marte e Mercurio moi próximos.
  • Día 9: Ás 10:56 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 13: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 16: A Lúa e Saturno moi próximos. Ás 21:40 h Lúa Chéa. Eclipse parcial de Lúa, visible en Galicia, Inicio da penumbra ás 20:44 h, Inicio do eclipse parcial ás 22:02 h, máximo do eclipse ás 23:31 h, fin do eclipse parcial ás 01:00 h, remate do eclipse ás 02:18 h.
  • Día 24: Ás 01:19 h a Lúa en cuarto Minguante.
  • Día 29: Choiva de meteoros: Piscis Austrinídas, comezan o 15 de xullo, cun máximo de 5 por hora o 29, radiante en Piscis Australis, visibles ata o 10 de agosto. Aniversario da primeira fotografía do Sol, durante un eclipse solar e descubrimento da coróa (1861).
  • Día 30: Choiva de meteoros: Alfa-Capricórnidas, comezan o 3 de xullo, cun máximo de 5 por hora o 30, radiante en Capricornio, visibles ata o 15 de agosto. Choiva de meteoros: Delta-Acuáridas Sur, comezan o 12 de xullo, cun máximo de 25 por hora o 30, radiante en Acuario, visibles ata o 23 de agosto. A Lúa e Mercurio moi próximos.
  • Día 31: Ás 03:13 h Lúa Chéa.

Planetas

  • Mercurio en Cancer con magnitude 4,5. Pola súa proximidade ao Sol non é visible.
  • Venus en Xéminis con magnitude -3,91. Visible media hora antes do amencer.
  • Marte en Cancer con magnitude 1,82. Dificil de ver pola súa proximidade ao Sol.
  • Xúpiter en Ofiuco magnitude -2,51. Visible durante casi toda a noite.
  • Saturno en Saxitario magnitude 0,07. Visible durante casi toda a noite.
  • Urano en Aries, cunha magnitude de 5,81. Visible durante 4 horas antes do mencer.

Cometas

  • Dada a súa magnitude superior a 10, son dificilmente localizables.
Imaxe do ceo cara ao sur, o 15 de xullo ás 24 h
  • Divulga ti tamén!