Coincidindo coa celebración do 40 aniversario da Constitución Española, SGHN considera oportuno salientar o seu enfoque ambiental plasmado no artigo 45:
“Todos tienen el derecho a disfrutar de un medio ambiente adecuado para el desarrollo de la persona, así como el deber de conservarlo. Los poderes públicos velarán por la utilización racional de todos los recursos naturales, con el fin de proteger y mejorar la calidad de la vida y defender y restaurar el medio ambiente, apoyándose en la indispensable solidaridad colectiva.”
Degradación das augas subterráneas na Limia
Dende esta perspectiva queremos informalo da situación actual da auga na comarca de A Limia baseada en datos oficiais:
- Nenos e maiores dos concellos ourensáns de Sandiás e Trasmiras, cada vez con máis frecuencia, están a consumir auga de baixa calidade ou directamente non potable segundo os criterios establecidos pola Organización Mundial da Saúde. Os nitratos na auga causan afeccións graves como o síndrome dos “bebes azuis” ou a formación de nitrosaminas canceríxenas no sistema dixestivo en adultos.
- As augas do encoro de As Conchas conteñen unha inxente cantidade de cianobacterias moi tóxicas e coliformes fecais e non son aptas para o baño (menos para o consumo humán).
Demandas de SGHN
SGHN ven pedindo dende fai 10 anos unha moratoria para novas granxas ou ampliacións das existentes na Limia. É preciso solucionar o problema sen deixar que medre máis e buscar un tratamento aceptable e legal para os residuos, que terá que pasar por unha reordenación das granxas existentes.
Diante desta grave situación desexamos, en primeiro lugar, que os organismos responsables recaben, comproben e cotexen a información dispoñible. Desexamos tamén que ningún político intoxique a opinión pública con mensaxes demagóxicas como a que recentemente fixo vostede sinalando “Se pechamos COREN, pechamos a provincia de Ourense”.
O modelo agrogandeiro de COREN non é o único posible e, en calquera caso, que se saiba ninguén está a pedir o peche de COREN. Simplemente, SGHN está a reclamar, ALTO E CLARO, o dereito a unha Limia limpa e ao acceso a auga potable. Para iso, é imprescible que as granxas cumplan a normativa legal da que vostede, como Presidente da Xunta de Galicia, debera ser o máximo garante na nosa terra.