Publicamos a última serie dos resumes de censos de aves invernantes en Galicia no período 1996-2015. Trátase da área das Rías Baixas, que comprende estas rías e zonas húmidas limítrofes.
Co maior número de especies rexistradas (88 en total, con cifras anuais entre 39 e 52) e aves acuáticas censadas (xeralmente entre 11.000 e 16.000 aves), o Complexo Intermareal Umia-Grove-Carreirón é con diferenza a principal zonade invernada das Rías Baixas, pois as restantes localidades nas súas maiores invernadas apenas se achegan aos valores das menores invernadas no C.I. Umia-Grove-Carreirón. Con poucas diferenzas entre elas, as outras localidades das Rías Baixas acubillan anualmente cada unha entre 41 e 62 especies de aves acuáticas e uns efectivos xeralmente entre as 1.000 e as 5.000 aves, con máximos excepcionais de 6.000-7.000 aves (PN Corrubedo, Ría de Arousa, Enseada de San Simón) e ata 10.000 aves (Ría de Vigo).