Dez anos de contribucións ao coñecemento da ecoloxía de vertebrados de Galicia

No cadro do ciclo de Xuntanzas Naturalistas, a Delegación de Ferrol da SGHN organiza unha nova conferencia “Dez anos de contribucións ao coñecemento da ecoloxía de vertebrados de Galicia” que impartirá o doutor en bioloxía Alejandro Martínez Abraín.

O doutor Martínez Abraín ten amplia traxectoria internacional, a súa investigación vai dende a ecoloxía de poboacións de aves mariñas (obxecto da súa tese de doutoramento) ata dinámica de pequenos vertebrados. Actualmente como profesor de ecoloxía da Universidade da Coruña as súas liñas de investigación céntranse nun tema de gran relevancia, as consecuencias ecolóxicas do despoboamento rural a escala global, estudando os cambios na distribución e comportamento da fauna. Na conferencia resumirá as súas investigacións con vertebrados galegos durante os últimos 10 anos, falando da ecoloxía e conservación de diferentes especies de aves mariñas, de lontras, de lobos, da toupa de río e de anfibios entre outras.

  • Conferencia: Dez anos de contribucións ao coñecemento da ecoloxía de vertebrados de Galicia.
  • Data: venres 14 de novembro
  • Hora: 19:30 h.
  • Lugar: Auditorio do Museo de Historia Natural de Ferrol. Praza de Canido s/n. Ferrol
  • Organiza: Delegación de Ferrol da Sociedad Galega de Historia Natural
  • Patrocina: Deputación da Coruña
  • Divulga ti tamén!