NOVA REMESA DE LIBROS ADQUIRIDOS BAIXO PATROCINIO DA CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN DO CONCELLO DE FERROL
Ao abeiro do convenio “A Biblioteca sae ao medio: interacción libro-natureza” de 2025, dende a delegación de Ferrol da SGHN acabamos de adquirir esta partida de libros para a Biblioteca da Natureza Xavier Sóñora. A este lote temos que engadir a subscrición anual á revista Quercus, que contempla este ano dende os números 477 ao 488*.

Agora toca catalogar estas novas adquisicións, que de maneira inminente pasarán a formar parte da biblioteca sita no edificio do Museo de Historia Natural en Ferrol, onde estarán ao alcance do público para a súa consulta no horario de apertura do museo (previa solicitude) e préstamo a domicilio**.
O convenio “A Biblioteca sae ao medio: interacción libro-natureza” contempla unha axuda da Concellería de Educación do Concello de Ferrol para a adquisición de bibliografía e o pago dun seguro de responsabilidade civil, e dende a delegación de Ferrol ofrecemos a cambio unha actividade gratuíta*** nos xardíns históricos da cidade (levada a cabo o pasado 25 de outubro e que coma sempre, conta cunha gran afluencia de público).
A finais do ano anunciaremos, ademais destas adquiridas baixo o convenio, o total de novidades que pasaron a formar da biblioteca no ano 2025.
* Na biblioteca hai dende o nº 1.
** Para persoas socias da SGHN.
*** Previa inscrición e tramitación de seguro nominativo.
