
Por mor da celebración do Día Europeo da Rede Natura 2000 e do Día Internacional da Diversidade Biolóxica, varias entidades (Hábitat, ADEGA, Verdegaia, Federación Ecoloxista Galega, Asociación Brexa e
Sociedade Galega de Historia Natural) reivindicamos a protección efectiva da biodiversidade a través dos espazos naturais protexidos. E, entre eles, subliñamos a importancia das Zonas Especiais de Conservación e das Zonas de Especial Protección para as Aves, áreas imprescindibles para a creación da Rede Natura 2000.
Neste día emitimos un comunicado conxunto do que vos achegamos copia.
Así e todo, a nivel galego a RN2000 segue paralizada nun 12%, fronte ao 27% do global do estado. Non existe apenas conectividade entre espazos naturais, e as medidas necesarias para garantir a neutralizar impactos e ameazas non están a ser aplicadas. Este feito xerou non só un déficit importante na conservación dos hábitats naturais en Galicia, coa conseguinte perda dos servizos ecosistémicos asociados, senón que deu orixe a dous procedementos de infracción por parte da UE por ter incumprido as obrigas de ampliar a RN2000.
