Día Mundial dos Humidais

Mañán, 2 de febreiro, cúmprense 47 anos da Convención Internacional sobre os Humidais, celebrada en Ramsar (Irán), e 7 anos da constitución da Sección Antela de SGHN. Conmemorando a data da Convención de Ramsar, dende 1997 cada 2 de febreiro celébrase o Día Mundial dos Humidais, neste ano o lema é “Os humidais urbáns fan que as cidades sexan habitables” e, ademais de diverso material divulgativo dispoñible na web da Convención de Ramsar, tamén hai dispoñible un video que se pode ver presionando na imaxe.

Por suposto, a Sección Antela de SGHN celebra o Día Mundial dos Humidais e o seu propio aniversario cunha xornada de campo divulgativa das restauracións de humidais que está a desenvolver no complexo húmido Limia-Antela o sábado día 3, mentres que a Delegación de Pontevedra o celebra o domingo día 4 cun roteiro interpretativo das Gándaras de Budiño polas ribeiras do río Louro.

Ramsar: Artigo de opinión en La Voz de Galicia de Xan R Silvar, Delegado de SGHN en Ferrol.