Espazo profundo: M109 Efemérides astronómicas de agosto

M109 é unha galaxia espiral barrada situada no recentemente recoñecido como Cúmulo de Galaxias da Osa Maior do que é o seu membro máis brillante. A súa magnitude aparente é de 10.3.

Hai moita discrepancia respecto da distancia a que se atopa, aínda que se estima como máis acertada 83,5 millóns de anos luz da Terra, o que a convertería no obxecto máis afastado do catálogo de Messier.

Messier 109, tamén coñecida entre outros como Messier 109, NGC 3992, PGC 37617 e UGC 6937, ocupa un área de 7.6 por 4.7 minutos de arco o que aparentemente corresponde a un diámetro de 180.000 anos luz. Contén ao redor dun billón de estrelas.

M109 ten unha historia complicada. O 12 de marzo de 1781, Pierre Méchain pasou tres “nebulosas” a Charles Messier para a súa confirmación. A primeira converteríase en M97 mentres que os outros se anotaron como 98 e 99 nun borrador previo á versión definitiva do catálogo. Con todo, Messier nunca os incluíu no catálogo final. En 1953 o astrónomo Owen Gingerich agregou os obxectos do borrador 98 e 99 ao catálogo “oficial” e convertéronse en M108 e M109. Pero a historia complícase aínda máis, xa que en análises recentes suxírese que Méchain puido non observar orixinalmente M109 senón a galaxia próxima NGC 3953. O que implicaría que Messier de feito descubriu NGC 3992 o 24 de marzo de 1781.

Esta zona da Osa Maior é un lugar privilexiado, no cúmulo atopanse aproximadamente 79 galaxias, entre 50 e 90 millóns de anos luz, entre elas as tres galaxias satélites de M109, UGC 6969, UGC 6940 e UGC 6923, que podemos ver débilmente na foto dos nosos compañeiros de Fotografía Ferrolterra e a SGHN, xunto á brillante estrela Phecda.

  • Día 2: Choiva de estrelas α-Capricórnidas, actividade desde o 15 de xullo ao 20 de agosto, cun máximo de 5 por hora o 2 de agosto. Radiante en Capricornio.
  • Día 4: Ás 18:19 h a Lúa e Cuarto Minguante.
  • Día 6: Choiva de estrelas τ-Acuáridas, actividade entre xullo e agosto, cun máximo de 8 por hora o 6 de agosto. Radiante en Acuario.
  • Día 11: Ás 09:59 h Lúa Nova. Eclipse parcial de Sol, non visible desde Galicia.
  • Día 13: Choiva de estrelas Perseidas, tamén coñecidas como Bágoas de San Lourenzo, actividade desde o 23 de xullo ao 20 de agosto, cun máximo de 80 por hora na noite do 12 ao 13 de agosto. Son producidas polos restos do cometa 109P/Swift-Tuttle. Radiante en Perseo, de aí o seu nome.
  • Día 14: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 17: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 18: Ás 07:50 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 20: Aniversario do lanzamento do Voyager 2 a percorrer Xupiter, Saturno, Urano e Neptuno (1977). Hoxe atopase a 17.650.400.000 quilómetros do Sol, e continúa a súa viaxe polo espazo a unha velocidade de 15,4 quilómetros por segundo.
  • Día 21: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 23: Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 26: Ás 11:58 h Lúa Chea
  • Día 31: Choiva de estrelas Alfa-Aurígidas, actividade desde o 25 ao 10 de setembro, con un máximo de 8 por hora o 31 de agosto. Radiante en Auriga.

Planetas

  • Mercurio en Cancer con magnitude 1,95. Non visible.
  • Venus en Virgo con magnitude -3,96. Poderase observar duas horas logo do solpor.
  • Marte en Capricornio con magnitude -2,31. Observable toda a noite.
  • Xúpiter en Libra magnitude -1,6. Visible ata media noite.
  • Saturno en Saxitario magnitude 0,48. Visible case toda a noite.
  • Urano en Aries, cunha magnitude de 6,09. Observable con prismáticos logo de media noite.

Cometas

  • Tan só C/2017 S3 (PanSTARRS) con magnitude 5 pasando polas constelacións de Xéminis, Cancer, Sextante e Leo, muy difícil de ver pola súa proximidade ao Sol, atopase no perihelio. 21P/Giacobini-Zinner (2018) con magnitude 7 entre as constelacións de Casiopea e Camelopardalis, pode verse cun telescopio pequeño. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.