Espazo profundo: Supernova SN2021 pfs

Unha supernova é unha explosión violenta e masiva dunha estrela de gran masa que se atopaba a piques morrer. As explosións son extremadamente brillantes e poderosas, lanzando ao espazo parte da súa masa a velocidades de entre 10.000 e 40.000 quilómetros por segundo. O resto convértese despois da explosión nunha estrela de neutróns ou nun buraco negro, ou mesmo ás veces destrúese por completo.

Cando as supernovas explotan, lanzan ao espazo gran cantidade de elementos pesados que só se producen nelas, e que ao xuntarse con nubes espaciais de pó e gas, van dar orixe a novas estrelas, planetas, satélites, etc., polo que podemos dicir que todos somos parte dos restos das supernovas, definitivamente estamos formados por “pó de estrelas”.

Na fotografía podemos ver a Supernova “SN 2021 pfs” na galaxia NGC 5427 e a súa compañeira NGC 5426 que se atopan a uns 115 millóns de anos luz. Trátase dunha supernova do tipo Ia, é dicir a explosión dunha anana branca situada nun sistema binario. Foi descuberta polo Zwicky Transient Facility (ZTF) o 9 de xuño e alcanzou unha magnitude de 13,7.

Felicitamos desde aquí ao autor da foto, obtida o día 8 de xullo en Andorra (Teruel) polo noso amigo, colaborador e extraordinario astrofotógrafo Leoncio Peiro.

Supernova SN 2021 pfs (fotografía de Leoncio Peiro)