O ceo en agosto de 2021

Efemérides

  • Día 6: Choiva de estrelas Eta Erídanas, actividade entre xullo e agosto, cun máximo de 2 por hora o 6 de agosto. Radiante en Erídano.
  • Día 8: Ás 03:50 h Lúa Nova.
  • Día 12: Choiva de estrelas Perseidas, tamén coñecidas como Bágoas de San Lourenzo, actividade desde o 17 de xullo ao 24 de agosto, cun máximo de 100 por hora na noite do 12 ao 13 de agosto. Ainda que a noite anterior e a seguinte tamén son axeitadas. As producen os restos do cometa 109P/Swift-Tuttle. Radiante en Perseo, de aí o seu nome.
  • Día 15: Ás 05:19 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 19: Mercurio e Marte moi próximos.
  • Día 20: Aniversario do lanzamento do Voyager 2 a percorrer Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno (1977). Hoxe atopase a 17.650.400.000 quilómetros do Sol, e continúa a súa viaxe polo espazo a unha velocidade de 15,4 quilómetros por segundo.
  • Día 21: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 22: Xúpiter e a Lúa moi próximos. Ás 02:01 h Lúa Chea.
  • Día 30: Ás 09:13 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 31: Choiva de estrelas Alfa-Auríxidas, actividade desde o 28 ao 5 de setembro, cun máximo de 8 por hora o 31 de agosto. Radiante en Auriga.

Planetas

  • Mercurio en Leo con magnitude -0,58. Non visible pola súa proximidade ao Sol.
  • Venus en Virgo con magnitude -3,96. Poderase observar unha hora logo do solpor.
  • Marte en Leo con magnitude 1,82. Non visible pola súa proximidade ao Sol.
  • Xúpiter en Acuario magnitude -2,87. Visible case toda a noite.
  • Saturno en Capricornio magnitude 0,23. Visible case toda a noite.
  • Urano en Aries, cunha magnitude de 5,75. Observable con prismáticos, logo de media noite.

Cometas

  • Pola súa magnitude superior a 10 son dificilmente localizables.
Na imaxe podemos ver o ceo cara ao sur, o día 15 de agosto ás 24 horas